FESTA DA AUGARDENTE E DA ANGUÍA
Celébrase cada domingo de
Pascua na honra a este licor.
Podemos gozar dende o intre que
se prenden as alquitaras, de
procesións relixiosas, actuacións
musicais, catas, degustación da
"queimada" e dunha verbena.
Cabe destacar que un dos eventos
centrais é a reunión do Cabildo
Xeral da Orde Serenísima da
Alquitara, que cada ano nomea
aos Novos Cabaleiros e Damas,
quen aceptan como compromiso
defender, divulgar e exaltar a
augardente de Portomarín.
Desde o ano 2015 celébrase unha
carreira popular nesa data.

FOGUEIRA
DE SAN XOAN 23 DE XUÑO
En Portomarín, chegada a
medianoite, hai que saltar a
cacharela (situada na praza
diante da igrexa de San
Nicolás), que aínda que
non existe unha teoría
común en canto ao número
de veces que hai que facelo,
dise que para escorrentar
as meigas, débese facer 13
veces.
Tradición celebrada a noite do 23 de xuño, o día do solsticio de verán.
Durante a noite máis curta do ano celébranse fogueiras veciñais e ceas a base de sardiñas e a música e o baile aprópianse de Portomarín.
Durante a noite máis curta do ano celébranse fogueiras veciñais e ceas a base de sardiñas e a música e o baile aprópianse de Portomarín.

FESTA
DO CRISTO
Festas patronais que se celebran
o primeiro domingo do mes de
setembro na honra ao Cristo das
Vitorias; para iso, celébranse
misas (na igrexa de San Nicolás,
situada na Praza do Camiño).
Ademais tódolos veciños e visitantes poderán gozar, de xeito gratuíto, da verbena ata altas horas da madrugada contando coas mellores orquestras do momento.
O programa de festexos estará formado por actuacións musicais, actividades lúdicas e deportivas, actos relixiosos

DOMINGOS FOLCLÓRICOS
Programa cultural que se celebra tódolos domingos do mes de
agosto, buscando acercar a vila de Portomarín á música
tradicional.
Este evento dedicado a rescatar e manter viva a herdanza folclórica e descubrindo aos peregrinos e visitantes as tradicións locais.
Unha celebración aberta a todo o público onde a música e o baile dos grupos folclóricos que participan. Convídannos a gozar nas tardes dos domingos de agosto no magnífico escenario da praza do Concello de Portomarín